O RCTC desprazarase o primeiro fin de semana de abril ás instalacións do Real Club de Tenis Gijón con motivo dun encontro interclubs organizado pola sección de pádel.
Durante dous días, o 6 e 7 de abril, ambos os equipos disputarán un torneo amistoso, ademais de compartir unha estupenda xornada de convivencia.
O equipo do RCTC porá rumbo a Gijón o sábado pola mañá (11:00h, aproximadamente) para chegar ao club asturiano xusto antes de comer. Xa pola tarde, darán comezo os partidos e ao día seguinte desenvolveranse as roldas finais. A continuación, está prevista unha comida co equipo anfitrión no propio club e unha vez finalizada, a volta a casa.
O 23 de marzo celebrarase unha reunión informativa con todos os xogadores/as do Club interesados en participar nesta iniciativa (adultos e maiores de 16 anos) para comentar o plan de viaxe, custo e aloxamento.
O número de prazas será limitada (12 persoas), por rigorosa orde de inscrición. Os interesados/as en apuntarse poden contactar con Santi Méndez, responsable da área de pádel, a través do teléfono 630785932.