O deporte e a súa capacidade de proxectar valores cara á sociedade, especialmente entre os máis novos, fai que o noso club adquira unha gran responsabilidade á hora de promovelos a través da súa actividade deportiva e social.
No RCTC, estes valores hanse ir conformando ao longo da súa historia sendo hoxe parte da súa identidade.
Aínda que de momento o club non dispón aínda dun plan totalmente definido en materia de RSC, si desenvolve algunhas pequenas actuacións neste ámbito:
Compromiso social:
- Fomento do deporte como elemento integrador: Actualmente estase elaborando un plan de acollida sinxelo pero amable que axude a integrar os novos socios na nosa entidade. Tamén se están fomentando os intercambios deportivos con outros clubs co fin de favorecer a competición e as relacións sociais dos nosos socios.
- Fomento valores deportivos: A través das súas escolas e das visitas escolares que o club organiza con colexios da zona para promocionar a práctica do tenis e do pádel. Tamén lles facilita o acceso a bolsas deportivas aos seus xogadores máis novos.
- Colaboración con entidades sen ánimo de lucro: O RCTC colabora puntualmente con algunhas institucións e ONG dando apoio ás súas iniciativas solidarias a través da organización de eventos deportivos e sociais (TennisAid, Asanog, AgaUcraína, Cáritas…)
Compromiso ambiental:
- Mellora da eficiencia enerxética: nos próximos meses está prevista a instalación de luces LED nas nosas pistas co fin de reducir custos e, ao mesmo tempo, xerar un impacto medioambiental positivo.
- Recollida selectiva de residuos e reciclaxe: un dos obxectivos do club é implementar ao longo do 2024 un plan integral que contribúa a mellorar o tratamento de residuos na nosa entidade e minimizar así os seus efectos contaminantes.
Compromiso ético:
- Código etico e de conduta: Estamos a traballar na elaboración dun documento que recolla os principios e os valores que deben presidir a actuación do club, da súa Xunta Directiva e dos seus empregados, co fin de procurar un comportamento ético e responsable na xestión profesional da súa actividade.