Do 1 ao 24 de marzo celebrouse en Lugo a segunda proba do circuito Galicia Head Tour que, nesta ocasión, albergou tamén os campionatos galegos alevín e cadete 2024.
As probas disputáronse en sede compartida, no Club de Tenis As Termas e o Centro Deportivo D10, e conseguiron reunir a preto de 400 participantes de toda Galicia.
NICOLÁS BELLAS PANADERO E NOA PENA PAZ, CAMPIÓNS GALEGOS CADETES
Nicolás Bellas Panadero proclamábase por segundo ano consecutivo campión galego cadete despois de derrotar Andrés Pereiro na final. Gran partido de ambos os xogadores, unha batalla de case tres horas na que o xogador herculino conseguía a vitoria no terceiro set por 6-2. Parabén a Nikito, non só polo título senón tamén por esa magnífica traxectoria que parece non ter límites.
Na categoría feminina, Noa Pena Paz lograba o seu primeiro galego individual, tras vencer na final á súa compañeira de equipo Carlota Souto. Brillante torneo da nosa alumna que, sendo aínda de primeiro ano na categoría, conseguiu alzarse co título superando ás favoritas do torneo. Un merecido trofeo para unha xogadora que sempre demostrou traballo e constancia, ademais dunha gran paixón por este deporte.
JAIME ÁLVAREZ MOSTEIRO, SUBCAMPIÓN GALEGO ALEVÍN
Espectacular o torneo disputado por Jaime Álvarez Mosteiro, que conseguía o subcampeonato no campionato galego alevín, cedendo na final ante Levi Domínguez. O xogador do RCTC derrotou nas semifinais a Manuel Zafra, segundo favorito do cadro, para alzarse co título despois de disputar un auténtico partidazo. Jaime afrontou cada encontro como unha oportunidade en si mesma e demostrou a importancia dunha mentalidade competitiva que o fixo crecer como xogador ao longo de todo o torneo.
CADRO DE HONRA 2ª PROBA HEAD TOUR-CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN E CADETE
CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN
Individual masculino: Subcampión Jaime Álvarez Mosteiro
Dobres masculinos: Subcampións Alejandro Parada e Jaime Álvarez.
CAMPIONATO GALEGO CADETE
Individual masculino: Campión Nicolás Bellas
Individual feminino: Campioa Noa Pena e Subcampioa Carlota Souto
Dobres masculinos: Campións Ramón Talín / Pedro Antón
Dobres femininos: Campioas Noa Rodríguez/ Ana V. Mella e Subcampioas Noa Pena / Carlota Souto.
CATEGORÍA INFANTIL
1ª División masculina: Subcampión Pablo Somoza.
1ª División feminina: Campioa Maire Grace Ryan e Subcampioa Yaiza Quián.
2ª División masculina: Subcampión Mikel Salgado.
CATEGORÍA JUNIOR
1ª División masculina: Campión Miguel Del Castillo.
1ª División feminina: Campioa Clara Arambillet e Subcampioa Branca Trillo.
CATEGORÍA BENJAMÍN
1ª División feminina: Campioa Nora Santos e Subcampioa Elena Escribano.
2ª División masculina: Campión Enríque Ramírez Gavilán
2ª División feminina: Campioa Valeria Alén
Crónica de Iago Fdz-Reija (adestrador e Director de Competición do RCTC)