Campamentos
A práctica deportiva do tenis, maioritaria no inverno, tampouco cesa no verán grazas aos campamentos que cada ano organiza o RCTC nas súas instalacións.
Desde xuño e ata finais do mes de agosto, máis de 300 nenos e nenas con idades entre os 4 e os 16 anos poden gozar dun programa multiactividade, co tenis como principal protagonista. As clases, dirixidas por adestradores da nosa escola, organízanse segundo os diferentes niveis e idades (iniciación e perfeccionamento).
O programa inclúe outras actividades complementarias como pádel, natación, xogos de tempo libre, competicións, inglés ou xincanas. Tamén se organizan diferentes excursións para que os participantes poidan divertirse con outro tipo de experiencias (bautismo de surf, hípica, visita ao parque Córax Fauna, Aquapark de Cerceda etc)
Estes campamentos ofrecen, ademais, a posibilidade de facer uso do servizo de comedor (cafetaría do club) e de madrugadores (ludoteca infantil) co fin de facilitar a conciliación laboral e familiar.
Outras actividades de verán
A oferta deportiva de verán complétase con cursos específicos de tenis e de pádel para os alumnos das escolas de inverno (stage de tecnificación/campus de competición) e con clases individuais ou en grupo para todos aqueles que queiran iniciarse nestes deportes ou mellorar o seu nivel. Tampouco faltan os cursos de natación infantís ou as sesións de adestramento funcional para adultos.
Todas as actividades, que contan con monitores especializados, desenvólvense de luns a venres nas instalacións do RCTC.
Podes ver aquí o Programa de Actividades de Verán 2023
Podes ver aquí as Recomendacións de Actividades Verán 2023
Os interesados en inscribirse (socios e non socios) poden facelo a través dos seguintes formularios en liña.
- Formulario Campamento de Tenis Verán 2023/ Stage Tecnificación/Campus de competición
- Formulario Cursos de Verán – Tenis e Pádel
- Formulario Cursos de Natación – Adestramento Funcional.