Las obras de renovación de las pistas de pádel comenzarán en enero
Buen comienzo de temporada para los equipos del RCTC
El RCTC y Omoda | Jaecoo Resnova Motor lanzan un programa de becas para jóvenes tenistas
¡Regístrate en isquad para poder competir!
Vídeo II Open Classics-Homenaje Manuel Orantes
Vídeo visita Jessica Bouzas
Benvido ao Real Club de Tenis Coruña
O Real Club de Tenis Coruña é unha entidade deportiva sen ánimo de lucro cuxos fins son o fomento, a práctica e a difusión do tenis e doutros deportes de raqueta. Fundado en 1966, o club converteuse en todo un referente social e deportivo, líder do tenis galego.
Situado no concello de Oleiros (A Coruña), conta actualmente cunha base social de máis de 600 socios e socias que, xunto coas súas familias, gozan do deporte nunha contorna excepcional coas únicas pistas de terra batida da Coruña e a súa área metropolitana.
Anímaste a coñecernos?
Escolas/Actividades
Nas nosas escolas de tenis e pádel impartimos clases para todas as idades, distribuídas en grupos e segundo niveis.
O noso obxectivo é potenciar unha formación deportiva de calidade e unha competición sa, positiva e integradora, que lles inculque aos nosos alumnos valores como o esforzo, o respecto, o compañerismo.
Ademais, no verán organizamos campamentos infantís e cursos intensivos para nenos e adultos.
A oferta deportiva complétase con clases de fitness, ioga/pilates, ademais do pickleball, unha nova actividade que combina regras/características do tenis, pádel, bádminton e tenis de mesa e que conta cada vez con máis seguidores.
BONO DEPORTE DA XUNTA
Merca material deportivo, equipacions, clases, descontos na cuota del Clube...
Encantaranos coñecerte
Se che gusta o tenis, o pádel e gozar do deporte nunha contorna familiar e próxima, este é o teu club.
Abertos todo o ano, de luns a domingo, de 08.00 h. a 23.00 h.
Esperámoste!








































