Presentación e filosofía

Desde a posta en funcionamento nos anos 70 da man de Jose Luis Gimeno, a nosa escola de tenis converteuse rapidamente nunha referencia no noroeste de España. Por ela, pasaron adestradores de altura nacional que mantiveron a aposta polo tenis de calidade e a competición inalterable durante máis de 50 anos.

Formamos a miles de tenistas durante xeracións e non é casualidade que das nosas pistas saísen numerosos campións galegos en todas as categorías e xogadores de máximo nivel nacional.

Pero para conseguir xogadores de calidade fai falta unha escola ben estruturada desde a base cunha filosofía de traballo e uns principios recoñecibles e irrenunciables que forman parte inherente da nosa identidade como club.

Cremos na competición como unha escola e unha filosofía de vida que busca desenvolver a mellor versión dun mesmo. Queremos potenciar unha competición sa, en positivo e integradora, que lles inculque aos nosos alumnos valores como o esforzo, o respecto, o compañeirismo e o bo comportamento en pista tanto adestrando como competindo.

O tenis é un deporte individual e, por iso, no RCTC potenciamos a competición de equipos, razón de ser da nosa entidade e unha extensión natural da nosa escola. Todos e cada un dos nosos alumnos terán oportunidade de vivir unhas experiencias inesquecibles nun ambiente de deporte e camaradaría. As amizades, que con toda seguridade forxarán, serán para toda a vida.

Máis información da escola base

Máis información da escola de competición

Corpo técnico

CURSO 2023-24 (aberto prazo de inscrición)

Dossier informativo da escola de tenis (curso 2023-24) 

Formulario de inscrición (curso 2023-24)

Actualización normativa reserva de pistas (decembro 2023)

Campamento/Stage Navidad 2023-24 

Estrutura da escola

A nosa escola está estruturada por etapas de desenvolvemento do xogador, moi aliñada coa metodoloxía descrita pola RFET e que, á súa vez, segue formulacións comúns ás definidas pola ITF e polas principais federacións nacionais que a conforman (USTA, LTA, FFT…)

Plan de Desarrollo del Jugador/a de Tenis