Eventos no RCTC

Un dos principais obxectivos do RCTC é incentivar unha vida social que apoie, conecte e sexa transversal a todas as súas actividades. Para iso, organiza ao longo do ano diferentes eventos deportivos e sociais co fin de fomentar a convivencia entre todos os socios.

Ademais das competicións, tanto sociais como en aberto que de forma habitual se disputan nas nosas pistas, o RCTC acolle anualmente o Trofeo de Tenis Jael e o Open Estrella Galicia de Pádel, dous torneos de gran prestixio que son todo un referente para os para os amantes da raqueta na nosa comunidade.

A oferta deportiva compleméntase cunha ampla programación de actividades sociais, pensadas para todas as idades, que se poden gozar ao longo do ano nas instalacións do club.

O RCTC conta tamén con varios espazos preparados para a celebración de eventos especiais como aniversarios, ceas en grupo, reunións familiares ou exposicións, entre outros.

Contacto
+ información

Os interesados en solicitar máis información podedes enviar un correo a: monica.megino@teniscoruna.com ou chamar ao 981660519

Normativa
Condicións

Nesta ligazón tamén podedes consultar todo o relativo a reservas, lotes, condicións e tarifas:
Normativa

Exclusivo
Exclusivo

Este servizo é exclusivo para os socios/socias do Real Club de Tenis Coruña

Alumnos da Escola de Tenis do RCTC, na Academia de Juan Carlos Ferrero

Os nosos xogadores/as participaron nunha das probas que organiza o Circuíto Warriors Tour. Coincidindo coas vacacións de Semana Santa, varios alumnos/as da nosa Escola de Tenis desprazáronse até as instalacións da Academia de Juan Carlos Ferrero (Villena-Alacante) para participar nunha das probas do Warriors Tour, un dos circuítos xuvenís máis importantes a nivel nacional. Máis…

Noticia completa