Cursos de natación
Coa chegada do verán e a apertura das piscinas, dan comezo os cursos de natación infantil, unha excelente oportunidade para que os nenos/as gocen dunha actividade deportiva moi refrescante, melloren a súa técnica e adquiran habilidades acuáticas mentres se divirten.
Os cursos, que se desenvolven de xuño a agosto en horario de tarde, están orientados a nenos/as desde 4 anos de idade ata os 12 e para todos os niveis, desde principiantes ata nadadores/as máis experimentados/as.
O club conta con monitores cualificados para impartir as clases e cun servizo de socorristas , o que garante un ensino de calidade nunha contorna segura para os participantes.
As inscricións para anotarse nestes cursos poden realizarse a través do formulario en liña.
Máis información: Cursos de natación – verán 2023