A sección de pádel organiza para o mes de maio un maratón nocturno por equipos no que poderán participar todos os socios do Club.
O torneo, que estará coordinado por Padel For You e Santi Méndez, celebrarase o sábado 11 de maio a partir das 16.30h e alargarase en sesión nocturna até a unha da mañá.
As inscricións, que se realizarán de forma individual, terán un custo de 30 euros por persoa e incluirán unha camiseta de agasallo, cea e dúas consumicións.
Os interesados en apuntarse no torneo poden facelo a través da App de Playtomic.
A data límite de inscrición é o 8 de maio e as prazas son limitadas (60 persoas).
Teléfono de contacto: 630 78 59 32