O RCTC ofrece a todos os seus socios/as a posibilidade de celebrar aniversarios infantís nas súas instalacións.

O club, enclavado nun espazo único, conta cunhas magníficas instalacións para que os nosos socios/as máis novos poidan celebrar unha data tan especial nunha contorna familiar e divertida.

Tenis, pádel, xogos na pista polideportiva, talleres na ludoteca infantil, piscina etc. son algunhas das actividades lúdico-deportivas que oferta o RCTC e que podedes escoller á vosa medida.

O noso servizo de cafetaría se encargará de organizar as merendas e tamén vos facilitaremos monitores especializados para que gocedes tranquilos da festa na compañía de familiares e amigos.

Contacto
+ información

Os interesados en solicitar máis información podedes enviar un correo a: monica.megino@teniscoruna.com ou chamar ao 981660519.

Normativa
Condicións

Nesta ligazón tamén podedes consultar todo o relativo a reservas, lotes, condicións e tarifas:
Tarifas

Exclusivo
Exclusivo

Este servizo é exclusivo para os socios/socias do Real Club de Tenis Coruña

Niños campamento Pádel RCTC
Ludoteca Infantil Club de Tenis Coruña
Pista Polideportiva Real Club de Tenis Coruña