Ximnasio

No noso ximnasio atoparás unhas instalacións prácticas e funcionais divididas en tres salas que che permitirán poñerte en forma e manter o teu estado físico durante todo o ano.

Un horario moi amplo e ininterrompido para adestrar en calquera momento do día.

  • Sala de máquinas e peso libre para o traballo dos diferentes grupos musculares.
  • Sala de cardio con fitas, bicicletas e elípticas profesionais.
  • Sala de adestramento funcional para actividades libres ou dirixidas polos nosos monitores.

 

Expediente informativo Fitness 2023-24

Gimnasio Club de Tenis Coruña

Todos os socios teñen á súa disposición o servizo de asesoramento, cunha primeira cita programada cun dos nosos monitores para a planificación de exercicios e rutinas.

E para os que queren un adestramento máis intenso e dirixido poden apuntarse aos grupos de adestramento funcional (máximo 6 alumnos) en sesións dunha hora, ou ben, personalizar as sesións en grupos particulares ou reducidos.

Adestramento

de forza xeral e “core”

Prevención

de lesións e lombo san

Traballo específico

para deportes de raqueta

Desde os máis novos, vinculados ás escolas de tenis e pádel do club, ata os nosos socios de idade máis avanzada, que queren manter un estilo de vida saudable, atopan nos diferentes programas e grupos desta sección a motivación para alcanzar os seus obxectivos.

O noso ximnasio