Nova sala de ioga e pilates
Unha das salas máis acolledoras do noso club está acabada de acondicionar para todos aqueles socios/as que queren coidar o benestar. Actividades dirixidas por monitores específicos e en grupos reducidos que buscan en cada sesión o equilibrio entre o corpo e a mente.
As clases, dunha hora de duración, impártense en horario de tarde de outubro a maio.
Para máis información contactar con: oficina.deportiva@teniscoruna.com
Pilates
En grupos de máximo 6 alumnos co obxectivo de mellorar o control do corpo e aumentar a forza e a flexibilidade na musculatura profunda. O abdome e as costas son os protagonistas destas sesións.
Ioga
Mellorar o rendemento físico e mental do organismo a través de posturas e asanas. Iluminación e música relaxante acompañan cada sesión para buscar a parte máis espiritual de mente e corpo.