Este mes o Club puxo en marcha as actividades do novo curso 2023-24, na que cobran especial protagonismo as súas Escolas de Tenis e Pádel.
Na de tenis, o equipo técnico continúa estes días coas reunións para a formación de grupos e completando as prazas de última hora. As clases, que se impartirán de luns a venres en horario de tarde, e os sábados pola mañá, dividiranse por niveis e idades (minitenis, tecnificación e competición).
A Escola de pádel, pola súa banda, xa realizou este mes as probas de nivel dos seus alumnos e continúa sumando novos inscritos para as súas clases.
A oferta deportiva desta nova tempada completarase coas clases de ioga, pilates e fitness que comezarán a partir de outubro.
O arranque do novo curso trae novidades importantes como a mellora da pista 6 de tenis ou o cambio de enrejado das de pádel.
Para máis información: