O Concello de Oleiros concedeu ao Real Club de Tenis Coruña unha subvención de 5.089,69 euros para a promoción e o impulso de actividades deportivas para o ano 2024.
O obxectivo desta axuda é fomentar o deporte xuvenil e fortalecer as categorías de base, facilitando a participación de equipos e deportistas en competicións federadas oficiais.
O Club destinará estes fondos a seguir impulsando a presenza dos seus xogadores/as e equipos de tenis en diferentes competicións tanto a nivel autonómico como nacional.
Agradecemos, un ano máis, ao Concello de Oleiros o seu apoio e implicación na promoción do deporte local.
