O Real Club Tenis Coruña foi unha das entidades beneficiarias das subvencións anuais concedidas pola Deputación da Coruña para a mellora das infraestruturas deportivas na provincia.
Grazas a esta axuda de12.500 euros, o Club poderá levar a cabo a renovación integral da superficie das pistas de pádel, unha mellora que responde ao crecente interese por esta disciplina entre os socios e que suporá un notable avance na calidade do xogo.
Esta actuación súmase á recente instalación dun novo peche nas pistas 4 e 5, realizada en marzo, e reafirma o compromiso do Club co mantemento e a modernización das súas instalacións. Prevese que os traballos conclúan antes de que finalice o ano.
Desde o RCTC queremos agradecer á Deputación da Coruña esta nova axuda, así como o seu apoio ao fomento do deporte local.







