As primeiras categorías contaron coa participación das mellores pas do circuíto galego
O pádel máis festivo e social alagou as pistas do Real Club de Tenis Coruña durante a Estrela Galicia 2023. Máis de 550 parellas participaron e bateron a marca de asistencia nun dos torneos máis multitudinarios do territorio nacional. Francisco González – Daniel Blanco en categoría masculina, Andrea Colinas – Laia Álvarez en feminina, e Pablo Olmo – Andrea Colinas en categoría mixta levaron a pa personalizada da marca patrocinadora.
Doce días de música en directo, degustación gastronómica, concursos deportivos, e longas xornadas de pádel para disputar as 11 categorías organizadas con máis do mil inscricións rexistradas. Ademais das primeiras categorías, destacou tamén a categoría de Veteranos, na que Jose Manuel Gómez – David García, impuxéronse na final a Manuel Núñez – Antón Pernas.
As terceiras categorías demostraron o alto nivel e a competitividade de todos os cadros. En masculina, Jose Pena – Jesús Sueiras venceron a Roberto Lage – Andrés Vázquez, e en feminina, Lorena Pol – Rocío López gañaron nunha disputada final a Beatriz Rivero – Anabel Antelo. En segunda masculina, Alejandro Feijoo e Xoel Rodríguez, e en feminina, Helena e Raquel Rodríguez alzáronse co triunfo final.
A categoría cuarta masculina, con máis de 128 parellas inscritas, deixou como vencedores a Jacobo Torres – Alexandre Suárez, e en cuarta feminina, Laura Sánchez – Clara Mejide impuxéronse na final a Cristina Moratilla – Ivonne Bonsfills.
A entrega de premios reuniu a máis de 200 participantes nas instalacións do RCTC, coincidindo ademais coa festa do torneo, na que o grupo ferrolán Novo Plan puxo punto e final ao evento.
CONSOLACIÓNS CAMPIÓNS
- 4 FEMININA – Lucía Villamarin – Sofia Figueroa
- 4 MASCULINA- Daniel Parrado – Paco Sánchez
- 4 PREVIA CONSOLACIÓN- Carlos Jacob – Antonio Manuel García
- 3 FEMININA- Yanina García – Tania Agra
- 3 MASCULINA- Manuel Rial – Juanjo González
- 2 MIXTO- Sandra Romeu – Guillelme González
- 2 FEMININA – Lucía García – Carmen Souto
- 2 MASCULINA- Guillermo Cantorna – Guzmán Moreno
- 1 MIXTO- María José do Castelo- Pablo Francesch
- VETERANOS +45- Richard Cortázar – Santiago Carretero
CADROS, CAMPIÓNS E SUBCAMPIÓNS
- 4 FEMININA Subcampioas: Cristina Moratilla – Ivonne Bonsfills
- Campioas: Laura Sánchez – Clara Meijide
- 4 MASCULINA Subcampións: Alejandro Rodríguez – Adrián Mahía -Campións: Jacobo Torres – Alexandre Suárez
- 3 FEMININA Subcampioas: Beatriz Rivero – Anabel Antelo
- Campioas-Lorena Pol – Rocío López
- 3 MASCULINA Subcampións: Roberto Lage- Andrés Vázquez
- Campións: Jose Pena – Jesús Sueiras
- 2 MIXTO Subcampións: Andrés Vázquez – Laura Casado
- Campións: Jorge Aboal – María Gil
- 2 FEMININA Subcampioas: Inés Álvarez – María Gil
- Campioas: Raquel Rodríguez – Elena Rodríguez
- 2 MASCULINA Subcampións: Borja Galán – David García
- Campións: Alex Feijoo – Xoel Rodríguez
- VETERANOS +45 – Subcampións: Antón Pernas – Manuel Núñez
- Campións: Jose Manuel Gómez – David García
- Primeira MIXTO – Subcampións: Ignacio Ortiz – Noelia Lorenzo
- Campións: Pablo Olmo – Andrea Outeiros
- Primeira FEMININA Subcampioas: Ana Bamonde – Carolina Montenegro –
- Campioas: Andrea Colinas – Laia Álvarez
- Primeira MASCULINA Subcampións- Juan García Burgos- Chema Fantova
- Campións: Daniel Branco- Francisco González