Despois dos cadros IBP absolutos e júnior que se disputaron durante terceira semana de xuño, chegou a quenda dos xuvenís e veteranos ás pistas do Real Club de Tenis Coruña. Máis de 130 participantes nas 11 categorías masculinas e femininas que ofreceron gran nivel de tenis, competición e deportividade.
Xogadores procedentes de toda Galicia e algúns xogadores da federación asturiana déronse cita na terceira edición do torneo Jael Joyería. As categorías de veteranos destacaron pola máxima igualdade nas finais. En +35, Iñaki de Santiago superou no supertiebreak a Eduardo Serrano, e José Deus fixo o mesmo con Marcelino Villar.
Tamén entre as categorías máis disputadas estiveron a cadete masculina e feminina, así como a infantil masculina. En cadete, Jorge Álvarez e Ana Vitoria Mella venceron a Gabriel Arambillet e Marta Acción respectivamente. Pedro Antón Ruibal gañou despois dun gran torneo a outro dos xogadores máis destacados da semana, Jorge Álvarez.
Todos os participantes levaron un trofeo conmemorativo deste III Trofeo Raqueta madeira e prata Jael Joyería, así como material deportivo dun dos coloboradores do club, Head.