O equipo junior masculino do RCTC proclamouse campión de España de consolación no campionato nacional celebrado do 3 ao 9 de xullo en Real Club de Tenis de Zaragoza.
O equipo, formado por Saúl Berdullas, Alejandro Vizoso, Alejandro Pardo, Yeray Quián e Pablo Alcón, impúxose ao Sportocio de Estremadura despois de 6 horas de eliminatoria e remontando un 8-5 no supertiebrak dos dobres definitivo.
O torneo non comezou ben para o RCTC que caía derrotado en primeira rolda cun dos semifinalistas, O Cadeado andaluz, cedendo tres partidos no super-tiebreak. A partir deste momento o noso equipo entrou no cadro de consolación e foi deixando no camiño ao Fadura do País Vasco en primeira rolda, ao Polo de Barcelona en segunda e ao Stadium de Casabranca en semifinais até plantarse na final, conseguindo así un triunfo histórico.
Destacar tamén o papel das nosas mozas, que estiveron a un paso de meterse entre o 8 mellores equipos do panorama nacional. En primeira rolda derrotaron ao Club Tenis Alcalá, para caer nos oitavos de final contra Natación Lleida. Despois de quedar a eliminatoria empatada 2-2, xogámonos o pase a cuartos de final a un supertiebrek, caendo 11-9.
O equipo estaba composto por Clara Arambillet, Blanca Trillo e Carlota Cota.
Parabéns a todos!!
Crónica de Iago Reija (Director de Competición do RCTC e capitán de ambos os equipos)