Despois de varias semanas de competición o Torneo de Dobres de Veteranos Fogueiras de San Xoán entra na súa recta final.
A proba ten como principal obxectivo potenciar os encontros de dobres no ámbito da competición social e fomentar a camaradería e o intercambio con xogadores doutros clubs.
O torneo conseguiu reunir a máis de 50 parellas de xogadores tanto do noso club como doutras entidades (La Hípica, Bazán, Redes ou RCT de Xixón).
Animamos a todos os nosos socios a que apoien esta bonita iniciativa e especialmente ás parellas que quedan en competición nesta fase final do torneo.
Achegamos o cadro coa orde de xogo previsto para esta semana que pode sufrir algunha modificación ao disputarse de forma simultánea co Trofeo Jael.