(Na imaxe, Eric Vanshelboim #426 ATP e número 1 de cadro absoluto masculino)
Esta semana deu comezo o III TROFEO RAQUETA DE MADEIRA E PRATA JAEL JOYERÍA que nesta edición presenta uns cadros de luxo grazas á participación de xogadores/as de máxima calidade procedentes de diferentes puntos de España.
TORNEO DO CIRCUÍTO IBP
A aposta iniciada hai dous anos introducindo premios en metálico e incorporando o trofeo ao circuíto IBP demostrou ser unha combinación gañadora. A isto hai que sumarlle o bo encaixe das datas de celebración do torneo, que o Club coordinou con a Real Sociedade de Tenis da Madalena e o Real Club de Tenis Cabezarrubia, para que a proba coruñesa sexa a antesala dos Open de España que se disputarán en Santander e Cáceres, tamén en terra batida.
PUNTUABLE PARA RATING UTR
Este ano, a principal novidade foi facer o Trofeo Jael puntable para o rating UTR, un sistema de clasificación global que se converteu no estándar para o filtrado de xogadores que optan a bolsas universitarias en USA. Os mellores cadetes e juniors teñen unha gran oportunidade de mellorar a súa UTR competindo contra xogadores de referencia nacional.
ALTO NIVEL DOS PARTICIPANTES
O cadro feminino conta con 8 xogadoras que participan habitualmente en probas WTA-ITF ou que compiten durante o inverno para universidades en USA de primeiro nivel nacional: Carmen Gallardo, María e Ana Martínez-Vaqueiro, Judith Hernánez, Blanca Berges, Eva Álvarez ou Celia Cerviño (nº1 do cadro e ránking 500 WTA en 2022) que pechou o seu ciclo universitario e está centrada na súa carreira como tenista profesional.
No cadro masculino, que necesitará dunha fase previa, destacan xogadores como o ucraíno Eric Vanshelboim (44 nacional- 440 ATP), Julián Alonso (70 nacional), Pau Bosh (96 nacional) así como unha amplísima representación dos mellores xogadores galegos do momento, moitos deles membros dos equipos absolutos e juniors do RCTC: David Cao, Luís Fernández Labarta, Saúl Berdullas, Rafa Izquierdo, Jesús Bouza, Yeray Quián, Iago Domínguez…
Os partidos de fase previa arrincaron este luns 19 de xuño e as finais están programadas para o domingo 25 pola mañá. O torneo repartirá un total de 6000€ en premios entre os participantes.
O RCTC prepárase para unha semana de bo tenis e bo ambiente coa festa de San Juan nas súas instalacións, así que esperamos vervos polas pistas do Club gozando do torneo e animando aos xogadores/as.
A partir da próxima semana disputaranse as probas xuvenís e de veteranos.
PROGRAMA
- Luns 19 de xuño, a partir das 16.00h – Fase previa masculina.
- Martes 20 de xuño – Fase previa masculina.
- Mércores 21 de xuño – Comezo da fase final masculino e feminina.
- Xoves 22 de xuño – Oitavos de final masculino e feminino.
- Venres 23 de xuño – Cuartos de final masculino e feminino.
- Sábado 24 de xuño, a partir das 16.00h – Semifinais.
- Domingo 25 de xuño, a partir das 11.00h – Finais.
CADROS
ORDES DE XOGO