O programa inclúe campamentos, tenis, pádel, cursos de natación e clases de adestramento funcional.
CAMPAMENTO DE TENIS
O campamento de tenis de verán será o encargado de abrir as portas das actividades estivais no Real Club de Tenis Coruña. A primeira semana será do 26 ao 30 de xuño, para continuar cun programa quincenal durante os meses de xullo e agosto.
Un total de 88 prazas para nenos/as con idades entre os 4 e 16 anos para niveis de mini tenis, iniciación e perfeccionamento. Tenis, deportes, natación con monitor, actividades de tempo libre, competicións, xogos en inglés, gymkhanas e diferentes excursións son algunhas das actividades que poderán gozar todos os participantes.
STAGE DE TENIS TECNIFICACIÓN
A partir do mes de xullo, os xogadores benxamíns, alevíns e infantís que queiran intensificar os seus adestramentos poderán anotarse ao Stage de Tecnificación. Un programa que terá unha bonificación dun 35% no seu importe total para os alumnos das escolas de inverno do RCTC.
O programa inclúe dúas horas de tenis, preparación física e deportes, videoanálises, competición e preparación de partidos. Ademais, como novidade, a segunda quincena de xullo incluirá a opción de participar na proba do Head Tour e campionato galego benjamín no Mercantil de Vigo. O desprazamento e a organización estarán incluídos dentro do programa.
CAMPUS DE TENIS COMPETICIÓN
Os xogadores cadetes e júniores da escola do club poderán participar no Campus de Competición dirixido e coordinado por Iago Fenández-Reija e Miguel Casal. En horario de tarde esta actividade incluirá dúas horas de tenis e unha hora de preparación física.
CURSOS DE TENIS-PÁDEL-NATACIÓN-ADESTRO FUNCIONAL
A escola de verán ofertará cursos de tenis e de pádel, cursos de natación, e adestramento funcional para manter a forma durante as vacacións.
Todas as actividades desenvolveranse de luns a venres nas instalacións do RCTC e os interesados en inscribirse (socios, e non socios) poden facelo a través dos formularios en liña.
DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO DE ACTIVIDADES DE VERÁN- RCTC 2023
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES VERÁN-2023
FORMULARIOS
- Formulario Campamento de Tenis 2023/ Stage Tecnificación/Campus de competición
- Formulario cursos de verán-Tenis e Pádel
- Formulario cursos de Natación – Adestro Funcional.
MÁIS INFORMACIÓN:
oficina.deportiva@teniscoruna.com / Tfno: 657.789.188
A Escola de Tenis RCTC contan coa colaboración de British International School