A expedición contou con 11 xogadores/as que participaron nas diferentes categorías do torneo.
O pasado sábado 20 de maio finalizaba o torneo Warriors Tour de ZARAGOZA 2023, disputado nas instalacións do Real Zaragoza Club de Tenis. Gran éxito de participación con 400 das mellores raquetas do ámbito nacional repartidas no seu catro categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.
O Real Club Tenis A Coruña desprazouse con 11 nenos e nenas co obxectivo de vivir unha nova experiencia e poder achegarse un pouco máis ao máximo nivel nacional.
Varios xogadores estiveron moi preto de alcanzar a final, como Clara Arambillet e Nicolás Belas na categoría cadete ou de Noa Pena na infantil.
Noa Pena realizou un excelente torneo chegando a alcanzar as semifinais pero acabou cedendo ante o seu rival no súper tie nun partido durísimo. Con este resultado métese entre as 8 mellores xogadoras que clasifican para o Master Warriors que se celebrará no mes de setembro na academia de Juan Carlos Ferrero.
Nicolás Bellas deixou polo camiño á cabeza serie número 6 e, a continuación, ao 4, para caer en semifinais co segundo favorito do torneo por 6-2 7-5. O nivel de Nico neste torneo foi espectacular, sen dúbida una das maiores promesas do tenis galego.
Clara Arambillet realizou tamén unha magnífica actuación, xa que ademais de lograr as semifinais no individual, alzouse co subcampeonato en dobres xunto coa súa compañeira Blanca Trillo. Por último, tamén mencionar a Mai Grace Ryan que se proclamaba subcampioa alevín en dobres.
Jorge Álvarez, Jacobo Gómez Pato, Lucas Maceiras, Miguel Do Castillo, Yeray Quián e Gabriel Arambillet completaron o resto da expedición, á que tamén se uniron as xogadoras Carlota Souto e Candea Fajardo, representando á Estrada.
CRÓNICA DE IAGO REIJA-DIRECTOR DE COMPETICIÓN DO RCTC
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración de British International School