O Concello de Oleiros, por acordo da Xunta de Goberno Local, concedeu ao Real Club de Tenis Coruña unha subvención por valor de 4.743,15 euros (1497.58 euros máis que na convocatoria anterior) no marco das axudas para a promoción e a difusión da cultura e o deporte (ano 2023).
O obxecto da mesma é impulsar as actividades deportivas xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base mediante a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial.
O Club destinará o importe desta axuda a promover a participación dos nosos xogadores /as e equipos de tenis en diferentes competicións tanto a nivel autonómico como nacional.