Go to Top

Jesús Bouza

Xogador-Sparring

Jesús é exalumno da escola e o noso capitán do equipo absoluto (no que tamén xoga) que o ano pasado subiu a segunda división nacional.

Colabora nos adestramentos dos grupos de tecnificación e competición.

Miguel Esquerdo

Adestrador e preparador físico

Miguel traballa como monitor na escola base e apoia os adestramentos físicos para as etapas de tecnificación e competición.

Traballou na Academia Equelite de Carlos Ferrero e o seu obxectivo é poder colaborar con xogadores de competición e alto rendemento. Está a apoiar o seu irmán Rafa a dar os seus primeiros pasos no circuíto profesional.

Carlos Domínguez

Adestrador

Carlos compatibiliza a súa profesión como arquitecto coa súa faceta de adestrador na nosa escola. O apelido Domínguez é sinónimo de deporte e, en particular, de tenis en Pontevedra, coa súa curmá Lourdes como máxima referencia do tenis profesional en Galicia.

Como adestrador Carlos destaca pola súa meticulosidade e a súa atención ao detalle. Imparte clases nas etapas de tecnificación, competición e adultos.

Jaime Sánchez Almao

Cordinador de base

Jaime é adestrador nacional e ten máis de 20 anos de experiencia profesional ligada ao tenis e á docencia.

Incorpórase ao club na tempada 22-23 para facerse cargo das etapas de iniciación e desenvolvemento e adultos dentro da escola basee.

Carlos González Carro

Director de escola base

Licenciado en Filosofía, Carlos “Chas” é outra das nosas institucións no club, como tamén o foi no seu día o seu pai.

O seu coñecemento, pedagoxía e metodoloxía á hora de ensinar son fundamentais na nosa escola e achégalles aos nosos xogadores unha base técnica moi sólida sobre a cal desenvolver o seu tenis.

Miguel Casal Arantes

Responsable de tecnificación

Miguel é un exemplo de competidor tranquilo cun tenis fácil e elegante que o levaron a gañar 14 veces o campionato galego absoluto.

A escola de tenis que representa Miguel é o perfecto contrapunto ao estilo de xogo de Iago, o que achega á nosa escola de competición un perfecto equilibrio do que claramente se beneficiarán os nosos alumnos.

Iago Fernández-Reija

Director de competición

Iago é todo un referente no tenis galego e no noso club, onde traballa desde os 20 anos, sempre estivo moi vinculado á competición e aos equipos.

O seu revés a 2 mans (“de nivel ATP”) é o seu sinal de identidade así como a súa garra e competitividade, calidades que lles transmite aos seus alumnos e equipos. Non é casualidade que o noso club sexa o máis galardoado de Galicia e un habitual dos campionatos de España.

Como xogador xuvenil foi dos mellores de España, gañouno absolutamente todo en Galicia e chegou a participar nunha Orange Bowl con 15 anos. Na categoría absoluta foi subcampión galego en varias ocasións e campión +35 e +40.