O Concello de Oleiros concedeu ao RCTC unha subvención por un importe de 2.634,49 euros no marco das axudas que anualmente outorga ás entidades sen ánimo de lucro para a promoción e a difusión da cultura e o deporte.
Ademais desta contía, o Club recibiu outros 4.262,38 euros por parte da Xunta de Galicia ao ser unha das entidades deportivas beneficiarias da convocatoria que promove a Secretaría Xeral para ou Deporte para subvencionar a reactivación da actividade competitiva no contexto do COVID-19.
Estas dúas axudas, cuxo importe ascende a uns 6.896,87 euros, destinaranse integramente ao fomento e promoción da práctica deportiva no noso Club.