Tras o éxito da primeira edición, a sección de pádel organizará no mes de agosto un segundo maratón de pádel nocturno, “Crea o teu equipo”, no que poderán participar todos os socios do Club.
O torneo, que estará coordinado por PadelForYou e Santi Méndez, celebrarase o venres, 2 de agosto, a partir das 16.30h e alargarase en sesión nocturna até a unha e media da mañá.
A inscrición, que terá un custo de 25 euros por persoa, incluirá cea e dúas consumicións.
Os interesados en apuntarse poden facelo enviando un correo a: santi.mendez@teniscoruna.com ou unha mensaxe por “WhatsApp” ao 630 78 59 32.
A data límite de inscrición é o 31 de xullo e as prazas son limitadas (60 persoas).