Gran resultado de Nicolás Bellas no Campionato MAPFRE de Tenis Cadete 2024 que se celebrou do 17 ao 23 de xuño no Club Deportivo Saladar de Cadeira, en Valencia.
O xogador do RCTC, que actualmente se adestra na academia de Rafa Nadal, alcanzou as semifinais na modalidade individual, conseguindo así un fito no tenis galego e coruñés. E é que a última vez que un xogador do Real Club de Tenis Coruña alcanzou as semifinais dun campionato de España individual foi no ano 1977. Naquela ocasión o éxito foi do noso xogador e socio Luís Fernández Ouro, que quedou a un paso de disputar a final.
Nicolás impúxose a Platón Tsarenko 7-5 6-1, a Borja Vila De Luís 7-5 6-3, a Alejandro Hernandez Ramada 6-7(1) 7-5 7-5 e a Marc Navarro Gamundi (Q) nos cuartos de final cun resultado de 1-6 6-2 7-5. En semifinais cedeu ante o xogador que se proclamou Campión de España Cadete 2024, Perico Roberto Chavez Gladkova.
Ademais, Nicolás proclamouse subcampión de España en dobres formando parella con M. Villar tras ceder na final ante T. Chavez Gladkova e E. Gonzalez Ollich.
Excelente actuación do tenista coruñés no Campionato de España que continúa con paso firme na súa progresión e consolídase como unha das promesas tenísticas do noso país.
Parabéns Nico!!