No mes de novembro dará comezo unha nova edición do Ránking Social de Tenis, que este ano se prolongará até mediados de xuño.
Haberá, polo tanto, 8 meses de competición, divididos en 5 fases, de 5/6 semanas de duración cada unha, nas que os participantes, distribuídos en grupos de 4/5 xogadores e nivelados en tres divisións, terán oportunidade de competir entre si co fin de determinar o seu nivel tenístico en relación aos demais.
O Ranking Social de Tenis é, ademais, un instrumento de socialización; tanto para novos socios, aos que esta competición ofrece a oportunidade de coñecer e tratar con antigos socios, como para estes últimos, aos que lles dá a posibilidade de relacionarse con outros xogadores cos que non adoitan xogar.
Por iso, este ano pretendemos celebrar un final máis social do ranking, a través dunha concentración na que disputamos un torneo rápido (tie-break) e compartimos un “piscolabis” durante a entrega de premios, para o que contaremos coa colaboración de Making Tennis.
As inscricións deberán hacerse antes do 5 de novembro enviando un correo a oficina.deportiva@teniscoruna.com indicando no asunto “Ranking Social de Tenis”.
Animámosvos a todos a participar nesta edición.