Martín Sánchez incorporarase en setembro ao equipo do RCTC para facerse cargo da sección de pádel, área coa que viña colaborando de forma externa desde o pasado mes de abril a través da empresa de xestión de eventos deportivos, Padel For You.
Martín tomará o relevo de Santi Méndez, que estivo á fronte da sección no último ano como coordinador e ao que lle desexamos moitos éxitos na súa nova etapa profesional.
Graduado en ADE e xogador de pádel profesional, Martín formouse como tenista nas pistas do RCTC para despois dar o salto ao pádel onde se forxou unha brillante carreira deportiva. No seu palmarés destacar o Campionato de España Absoluto (2013), o Campionato de Europa coa selección española (2019) ou o Campionato Galego Absoluto (2013-2019). Ademais, no 2019, foi parella número 9 do mundo xunto ao seu compañeiro Alejandro Ruiz.
Vinculado toda a súa vida ao deporte Martín conta ademais cunha ampla experiencia como monitor e árbitro, avalada pola Federación Galega de Pádel.
Con esta nova incorporación o Club pretende consolidar o cambio de rumbo na sección e impulsar un novo proxecto de Escola onde ademais de impartir clases, Martín promocionará os seus equipos e responsabilizarase da xestión de eventos e patrocinios.
Benvido Martín!!