O XIX Open de Pádel Estrela Galicia, celebrado durante 12 días, no Real Club de Tenis Coruña, tivo un broche de excepción coa final da categoría Estrela (para xogadores profesionais).
A vitoria foi para a parella formada por Martín Piñeiro e Borja Yribarren que se impuxeron a Tomás Cheda e Ton González por 6-2 e 7-5 nun disputado partido que fixo a delicia do público coruñés, sobre todo polo axustado do segundo set.
Na primeira categoría alzáronse co primeiro posto as campioas Andrea Outeiros e Laia Álvarez; en segunda categoría, Ana Pérez e Celia Montero; en terceira, Natalia Álvarez e Ana López; e en cuarta, Laura Duarte e María Yolanda Pomarol.
Mentres que na primeira masculina venceron Pablo Olmo e Pedro Sousa; na segunda Noel Villarrabide e Alejandro Vizoso; en terceira, Andrés Vázquez e Roberto Lage; e en cuarta, Yago Fernández e André de la Fuente.
Na categoría de veteranos + 45 anos proclamáronse campións Borja Galán e Ignacio Tomé.
A presente edición foi un revulsivo para a organización que modificou o formato do torneo, limitando o número de parellas inscritas (350 parellas) co fin de garantir o bo desenvolvemento da competición e aplicando a categoría única.
Doce días de música en directo, actividades, food trucks, opcións gastronómicas para todos os gustos e animadas xornadas de pádel con máis de 700 xogadores inscritos.
A entrega de premios reuniu a máis de 300 participantes nas instalacións do RCTC, coincidindo ademais coa festa do torneo, na que o grupo ferrolán Novo Plan puxo punto e final ao evento.
Desde o RCTC queremos dar as grazas a Estrela Galicia @estrellagalicia , aos colaboradores @grupogalcar@bicodexeado @clinica_oleiros , aos 700 xogadores, a todo o persoal do CTC, aos equipos de produción e organización @padel_for_you@oceanoazul_comunicacion e a todos que acudistes a animar estes 12 días de #OpenPádelEstrellaGalicia.
Vémonos o próximo ano!!
Cadros e Galería de imaxes do torneo
Galería de imaxes da entrega de premios