O torneo, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo, xa ten abertas as inscricións.
Tras o éxito de participación do ano pasado, o Warriors Tour volve de novo ás pistas do RCTC con máis forza que nunca. O torneo, que se puxo en marcha no 2006, converteuse nun dos circuítos de referencia do tenis xuvenil do noso país.
O Warriors Tour consta de 13 probas, con categorías sub 10-12-14 e 16, que se disputan ao longo do ano en diferentes sedes, máis un máster final. Grazas ao seu novo formato, os participantes teñen a oportunidade de xogar varios partidos o que facilita que poidan gozar a lume de biqueira da competición.
As inscricións, que estarán abertas até o 3 de xullo, poden realizarse na páxina web do circuíto.
(Na imaxe, os gañadores do ano pasado)