O torneo conta coa colaboración de British Internacional School e o Concello de Oleiros.
O Real Club de Tenis Coruña organiza do 1 ao 9 de abril o Open Xuvenil de Tenis de Semana Santa, un torneo especialmente dirixido aos xogadores/as máis novos.
A proba, que contará coas categorías benxamín, alevín, infantil e junior, é unha excelente oportunidade para que os alumnos/as da nosa Escola e doutros clubs poñan en práctica os fundamentos técnicos e tácticos do tenis, a xestión da competitividade ou o “Fair-Play”.
Convidámosvos a todos/as a participar nun evento deportivo onde, ademais de gozar dunhas xornadas de bo tenis, teredes a ocasión de coñecer e competir con outros mozos deportistas tanto de Galicia como doutros puntos de España.
As inscricións poderán facerse até o 28 de marzo na plataforma de Ibertenis.
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración do British International School.