O RCTC publicará nuns días o seu programa de actividades de verán 2023 que se desenvolverá durante os meses de xuño, xullo e agosto.
A oferta inclúe os campamentos, un stage de tenis tecnificación, un campus de competición e cursos específicos de tenis e pádel para todos os niveis e idades. Tampouco faltarán os cursos de natación infantís e as actividades de adestramento funcional para os que queiran manterse en forma durante os meses estivais.
As inscricións, nas que terán prioridade os socios/as do Club, poderán realizarse online a través dos formularios que se habilitarán na páxina web.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición até completar a oferta de cada unha das actividades.
O Club ten previsto, ademais, celebrar varios eventos deportivos e sociais como o Trofeo de Tenis Jael ou o Open Estrella Galicia de Pádel, citas ineludibles do verán para os amantes da raqueta.