A partir do 1 de xuño o RCTC contará cunha nova concesión de cafetaría e restaurante que estará dirixida polo empresario Amadeo Rumbo Rey.
Amadeo, que conta cunha dilatada experiencia profesional no ámbito da hostalaría, é gran coñecedor do noso Club e as súas peculiaridades xa que foi socio do mesmo durante moitos anos. A súa traxectoria e a súa bagaxe avalan un proxecto serio e solvente, acorde coas esixencias de calidade e servizo que demanda a nosa entidade.
A nova concesionaria, ademais de prestar os seus servizos na zona da taberna e terrazas, atenderá tamén de forma puntual aos socios no salón social, especialmente cando haxa retransmisións deportivas ou se celebren eventos sociais.
O cambio de concesión non implicará o peche temporal da cafetaría que seguirá dando servizo aos socios de forma ininterrompida.
Ademais de novo persoal e unha oferta gastronómica renovada, ampliaranse os horarios a partir do mes de xuño, coincidindo co inicio da tempada de verán.
Horario de verán (do 1 de xuño ao 30 de setembro)
Apertura:
- De luns a venres: ás 09:30 h
- Sábado e domingo: ás 09:00h.
Peche:
- Luns, martes, mércores, xoves e domingos: ás 23:00h
- Venres, sábados e vésperas de festivo: ás 24:00h
Horario de inverno (do 1 de Outubro ao 30 de maio)
- De luns a xoves : de 09:30 a 23:00h
- Venres, sábado e vésperas de festivos: de 09:30h a 24.00h
Desexámoslle a Amadeo e a todo o seu equipo moita sorte nesta nova andaina e agradecemos de antemán aos socios a súa colaboración para que este proxecto sexa todo un éxito.
Lembrámosvos que o Club dispón dun servizo de atención ao socio a través do cal podedes canalizar todas as vosas suxestións, dúbidas e consultas.
Teléfono de reservas: 981652070
Eventos especiais (Mónica Megino-Servizo atención ao socio): 981660519/monica.megino@teniscoruna.com