O programa de actividades gratuítas, subvencionado pola FGT e a Xunta de Galicia, impartirase principalmente en horario de tarde.
Desde o 1 de agosto o RCTC abre as portas ao programa Corresponsables 2023 organizado pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade.
As actividades ofertadas, de carácter gratuíto e para menores de 16 anos, aceptan inscricións desde o día 21 de xullo.
O Real Club de Tenis Coruña presenta 4 actividades para os próximos meses.
- Un Campus multiactividad de Verán de luns a venres (do 31 de xullo ao 18 de agosto – do 21 de agosto ao 8 de setembro) en horario de tarde (15:30 a 18:30) que inclúe tenis, deportes, competicións de tenis e piscina.
- Nestas mesmas datas inclúe unha segunda actividade de curso de iniciación e perfeccionamento de tenis dunha hora diaria de luns a venres (de 19h a 20h).
- A terceira actividade é un Campus Escolar de Tenis (do 18 de setembro ao 30 de novembro) dirixido a colexios que oferten o tenis a nenos/as dentro das súas actividades extraescolares, unha ou dúas veces por semana en horario de 15:30h a 18h.
- E a cuarta actividade serán os cursos de iniciación e perfeccionamento de tenis en horario de sábados polas tardes e domingos pola mañá. Este programa arrincará a partir do 18 de setembro e finalizará o 30 de novembro.
O formulario de inscrición é único para toda a oferta e pódese cumprimentar nesta ligazón.
Bases do programa
A Federación Galega de Tenis en colaboración coa Secretaría Xeral do Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade abre o prazo de preinscrición do Plan de Corresponsables 2023.
Este plan baséase na oferta de actividades gratuítas de tenis a menores de 16 anos por toda Galicia. O prazo de inscrición comeza o 21/07/2023 e terá os seguintes peches de inscrición:
- Agosto: mércores 26/07/2023 ás 12:00h.
- Setembro: martes 15/08/2023.
- Outubro: venres 15/09/2023.
- Novembro: domingo 15/10/2023.
En cada peche de inscrición conformaranse os grupos para todo o período de actividade que vai de agosto a novembro. En cada peche de inscrición completaranse os grupos coas prazas dispoñibles. É importante recalcar que o formulario non implica a aceptación da alumna/ou na actividade. A participación no grupo confirmaráselle enviando un correo electrónico onde se lle indicarán os días, horarios e adestrador responsable.
O acceso a esta formación gratuíta está aberta a todo o mundo, pero os seguintes colectivos terán prioridade de acceso:
- Familias monomarentales e monoparentais.
- Vítimas de violencia de xénero.
- Mulleres maiores de 45 anos.
- Mulleres en situación de desemprego de longa duración.
- Familias con cargas relacionadas cos coidados.
Toda a información do programa:
Máis información:
Oficina deportiva: 657.789.188 (Carlos Chas)
oficina.deportiva@teniscoruna.com