O RCTC, en colaboración coa Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog) organizou este sábado un mercadillo solidario de loita contra o cancro infantil.
O evento, promovido por Paula Souto (socia do Club e nai dun neno que superou recentemente unha leucemia), tiña como obxectivo recadar fondos co fin de axudar a todas os nenos e familias afectados por esta enfermidade.
Durante a xornada, que gozou dun gran ambiente grazas ao bo tempo, numerosos socios achegáronse até o mercadillo instalado na zona de cafetaría do Club. Por tan só un euro podíanse adquirir todo tipo de xogos infantís, material educativo ou libros. A recadación destinarase integramente a esta asociación e a a súa causa.
Grazas a todos os que vos achegastes até o Club para colaborar. Cun pouquiño de todos pódese facer moito.
E sobre todo grazas a Paula e á súa familia, que foron os auténticos promotores desta iniciativa.