Con motivo de Halloween , o RCTC organizou para os días 30 e 31 deste mes dous eventos moi especiais para que os seus socios/as poidan gozar da festa máis terrorífica do ano.
O primeiro deles, terá lugar o 30 de outubro e consistirá nunha merenda infantil na que os máis pequenos da casa poderán asistir cos seus disfraces máis “horribles” e compartir cos seus amigos as súas receitas máis “arrepiantes”. Ademais, haberá música, baile, “photocall” para facerse fotos divertidas e xogos ao aire libre, entre outras actividades.
Ao día seguinte, o 31 de outubro ás 22.00h, está prevista unha cea-“party” para os adultos no salón social do Club que estará amenizada por un DJ. O prezo do menú será de 15 euros e as reservas poden facerse até o xoves, 27 de outubro, na propia cafetaría ou chamando ao 981 652070.
Os socios/as que queiran asistir a calquera dos dous eventos poderán vir acompañados con algún invitado. Lembramos que, por motivos de aforamento, os non socios/as deberán estacionar os seus vehículos fose do recinto.
Esperámosvos!
Menú cea 31 outubro
- Ovos recheos sobre cama de puré de pataca.
- Carne asada en pota.
- Larpeira e café de pota.
(Bebidas aparte).