O RCTC, en coordinación con outros Clubs da zona da Coruña, Ferrol e arredores, participou na segunda Liga de Promoción de Tenis Base que se desenvolve dende novembro ata este mes de maio.
Trátase dunha liga de equipos mixtos para nenos e nenas que se inician na competición e onde a maioría xoga os seus primeiros partidos. O obxectivo desta iniciativa é buscar un complemento ás clases semanais que se imparten nos diferentes clubs para mellorar os adestramentos, coñecer outros xogadores e comezar a participar nas competicións do primeiro equipo aínda que non sexa oficialmente.
Estes foron os clubs participantes:
- Club de Campo de Ferrol
- Club de Tenis Redes
- Escuela de Tenis Justo al Revés
- Club de Tenis A Pedralba
- Escuela de Tenis Marineda
- Real Club de Tenis Coruña
A competición, que no noso Club estivo coordinada por Jaime Almao, disputouse de ida e volta disputando 3 partidos individuais e 2 dobres en cada encontro. O RCTC conseguiu a primeira posición nas categorías alevín e infantil e nestes momentos xoga a categoría xuvenil cadete e xuvenil.
Parabéns rapaces!!
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Oleiros.