Carlos López Navaza, presidente de Nordés Club Empresarial e Ricardo Álvarez, presidente do RCTC, asinaron o 25 de setembro un convenio de colaboración entre ambas as entidades. A firma tivo lugar nas instalacións do club empresarial coruñés.
O acordo ten como obxectivo promover os contactos entre ambas as institucións para favorecer a realización de actividades de cooperación, reforzando así os vínculos entre os seus socios e outros propios da súa actividade.
Grazas a este convenio, o RCTC poderá utilizar as instalacións de Nordés Club Empresarial para organizar eventos e participar nalgunhas das súas actividades. Ademais, os socios do RCTC gozarán de descontos especiais na cota de alta de Nordés Club Empresarial e nas iniciativas que este organice, así como acceder á súa newsletter corporativa.
Este último, pola súa banda, poderá facer uso das instalacións do RCTC para eventos puntuais e dispor de varias invitacións para os seus socios, de acordo coas condicións establecidas entre ambas as entidades.
Con esta nova alianza o RCTC reforza o seu compromiso de seguir estreitando lazos co tecido empresarial de Galicia co fin de xerar novas oportunidades de colaboración e difundir a súa actividade social e deportiva.
Para máis información, contactar con Mónica Megino, Responsable de Atención ao Socio (monica.megino@teniscoruna.com)