O Real Club de Tenis Coruña recibiu unha subvención do Concello de Oleiros de 3.245,57 euros no marco das axudas que anualmente outorga ás entidades sen ánimo de lucro para a promoción e a difusión da cultura e o deporte.
O obxecto da mesma é impulsar as actividades deportivas xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base mediante a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial.
O Club destinará o importe desta axuda a incentivar a participación dos nosos xogadores/as e equipos de tenis en diferentes competicións tanto a nivel autonómico como nacional.
O Concello de Oleiros repartiu unha contía total de 71.400 euros entre as entidades deportivas sen ánimo de lucro da súa área de influencia.