En relación ao comunicado enviado aos socios o pasado 14 de agosto informámosvos que, por motivos de axenda, vímonos obrigados a atrasar a data de celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria, inicialmente prevista para principios de mes. Lembramos aos socios que a convocatoria oficial desta Asemblea non chegou finalmente a realizarse.
Tamén vos comunicamos que antes da reunión está prevista unha sesión informativa previa coa arquitecta responsable do Plan Director, Patricia Marichalar. O obxectivo da mesma é facilitar información máis detallada sobre o proxecto no seu conxunto, así como resolver calquera dúbida ou consulta específica.
En breve, enviaremos por correo electrónico a convocatoria correspondente coa nova data de celebración que se publicará na web e nos taboleiros de anuncios do Club.