Este nadal o Real Club de Tenis Coruña organizará os seus xa tradicionais torneos de tenis e pádel. As escolas deportivas, que darán vacacións do 29 ao 8 de xaneiro (ambos inclusive) tamén celebrarán estas festas co Campus e o Stage Do Nadal.
As competicións quedarán inauguradas co II Open de Nadal de Pádel. Con categorías masculina, feminina e mixta, o torneo espera reunir a parellas de todos os niveis e alcanzar a gran participación e ambiente da pasada edición. O torneo, que conta coa colaboración de Gadis e de Softee, repartirá cestas e material deportivo entre todos os campións e subcampións.
Coincidindo coas vacacións da escola de tenis o RCTC organizará o I Open de Tenis de Ano Novo Benxamín e Alevín. Os xogadores federados máis pequenos saltarán ás pistas para estrear o ano novo coa raqueta na man. Do 2 ao 8 de xaneiro disputarase a primeira edición deste Open que conta ademais cunha categoría de promoción sub-14 non federada.
O torneo conta coa colaboración de British International School.
E case sen tempo para abrir os agasallos dos Reis Magos chegará ao club o I Circuíto de Veteranos en Terra Batida RCTC. Un circuíto de tres probas que terá o seu colofón na segunda edición do Open Internacional ITF. Os xogadores que consigan gañar dúas probas do circuíto na mesma categoría terán como premio a inscrición gratuíta no evento.
Inscricións I Circuíto de Veteranos Terra Batida (primeira proba)