O torneo contou coa colaboración de British International School e o Concello de Oleiros.
O RCTC organizou nas súas instalacións durante os primeiros días de abril o Open Xuvenil de Semana Santa. O evento, que se disputou en 7 categorías, reuniu a xogadores/as procedentes de toda Galicia e da Federación Asturiana de Tenis (FAT). O Club de Tenis Xixón, o Club de Tenis Avilés, o Real Grupo de Cultura Covadonga, ou a propia FAT, foron protagonistas coa participación de nenos e nenas das súas escolas.
O bo ambiente, a deportividade e o gran nivel de tenis reinaron nas pistas do Club nas categorías benxamín, alevín, infantil e júnior. O torneo, realizado en colaboración co British International School e o Concello de Oleiros, disputouse en 7 probas masculinas e femininas. Ademais de celebrarse os cadros principais, que destacaron polo alto nivel das cabezas de serie de cada cadro, os perdedores nas primeiras roldas puideron competir novamente nas probas de consolación.
A última xornada das finais reuniu a máis de 60 persoas na entrega de premios na que os campións e subcampións de todas as probas recolleron os seus trofeos, medallas e diverso material deportivo. A organización destacou o bo ambiente durante todo o torneo e a presenza de xogadores/as doutras comunidades que elevaron o nivel de cada un dos partidos.
Máis de 30 xogadores representaron ao RCTC neste Open Xuvenil e entre eles conseguiron chegar ás finais; Teba Santos e Diego Becerra en benxamín feminino e masculino, Laura López e Ana Vitoria Mella en alevín e infantil feminino.
CADRO DE HONRA
Probas de consolación
- Benxamín feminino: Antonella Gómez e Nora Santos
- Benxamín masculino: Martín Rodríguez e Pablo Modroño
- Alevín feminino: Julieta Fernández e Jana Meana Pena
- Alevín masculino: Jaime Modroño e Rodrigo González
- Infantil feminino: Carlota Prado e Vitoria Tomei
- Infantil masculino: Mikel Salgado e Thiago Salgado
CADROS PRINCIPAIS
- Benxamín feminino: Subcampioa: Teba Santos – Campioa: Ariane García
- Benxamín masculino: Subcampión: José Álvarez – Campión: Diego Becerra
- Alevín feminino: Subcampioa: Laura López – Campioa: Casilda Díaz
- Alevín masculino: Subcampión: Yago Piñera – Campión: Leo Sánchez
- Infantil feminino: Subcampioa: Eli Garrote – Campioa: Ana Victoria Mella
- Infantil masculino: Subcampión: Nicolás López – Campión: Juan García
- Júnior masculino: Subcampión: Daniel Garrote – Campión: Pablo Rodríguez