O RCTC celebrará o próximo 25 de febreiro o seu tradicional Laconada de Entroido á que poderán asistir todos os socios/as do Club e as súas familias.
A comida, que dará comezo ás 14.00h, inclúe lacón con grelos, sobremesa e terá un prezo de 23 euros para os adultos (bebidas aparte). Tamén se servirá un menú especial para os nenos por 12 euros, a elixir entre pasta boloñesa ou milanesa de pito.
Os que se animen a acudir ao evento poderán vir disfrazados (opcional) de calquera personaxe da súa serie preferida, que é a temática escollida para a celebración deste ano.
Xa pola tarde, o Club preparou unha programación especial para que todos os socios/as poidan gozar dunha auténtica festa de Entroido. Para os maiores haberá baile, música DJ e un concurso que premiará os mellores disfraces. Para os nenos, o grupo de animación Fantasía organizará diversos xogos e actividades así como varios talleres na ludoteca infantil.
As reservas poden facerse até o 22 de febreiro chamando ao teléfono 981652070.