O noso adestrador, Kiko González, foi distinguido o pasado venres pola Federación Galega de Pádel como nº1 do ránking galego no transcurso da cerimonia de entrega de trofeos da liga Galega por equipos de Clubs 2022. Durante o acto, que tivo lugar no auditorio do Centro Sociocultural Ágora da Coruña, fíxose entrega dos trofeos aos equipos campións e subcampións das distintas categorías e grupos da liga 2022, así como as distincións aos xogadores e xogadoras que finalizaron a tempada ocupando os 10 primeiros postos do ranking absoluto. Tamén se concederon varias mencións de honra a persoas e entidades polos logros conseguidos e polo seu apoio e implicación en favor deste deporte.
Unha vez finalizada a gala, que tivo como mestre de cerimonias ao actor e cómico Oswaldo Digón, todos os asistentes puideron gozar duns petiscos por cortesía da FGP.
Desde o RCTC queremos felicitar a Kiko pola súa magnífica tempada e desexámoslle os mellores éxitos deportivos e persoais para o 2023.
(Na imaxe: Kiko xunto ao seu compañeiro Daniel Blanco compartindo trofeo)