Un ano máis, o Real Club de Tenis Coruña e Jael Joyería organizan o clásico Trofeo Raqueta de Madeira e Prata que este ano alcanza a súa 3ª edición co actual formato de torneo.
PROBAS IBP ABSOLUTA E JUNIOR (PUNTUABLE PARA UTR)
A categoría absoluta que se celebrará entre o 19 e 24 de xuño consolídase dentro do Circuíto IBP na categoría Open 1000 e reparte 6000€ en metálico (entre cat. masculina e feminina) onde os gañadores reciben 1000€ e as cabezas de serie gozarán de ”hospitality”.
Este ano o RCTC coordinouse coa Real Sociedade de Tenis da Madalena e o Real Club de Tenis Cabezarrubia para que a proba coruñesa sexa a antesala dos Open de España feminino e masculino que se disputarán nestes dous clubs, respectivamente, tamén en terra batida.
Durante a 1ª semana de torneo coincidirán as probas absolutas coas junior, sendo ambas as puntuables para o rating UTR, un sistema de clasificación global que se converteu no estándar para o filtrado de xogadores que optan a bolsas universitarias en USA. Os mellores cadetes e juniors teñen unha gran oportunidade de mellorar a súa UTR competindo contra xogadores de referencia nacional.
PROBAS XUVENÍS E VETERANOS
Durante a 2ª semana do torneo celebraranse o resto das probas xuvenís e de veteranos ao mesmo tempo que comeza o popular Open de Pádel Estrela Galicia, polo que nos esperan 3 semanas intensas de competición que son, sen dúbida, as máis animadas do ano no noso Club.
INSCRICIÓNS
- As inscricións para participar nas probas IBP absoluta e JR faranse na web de UTR que estará enlazada desde a web de ibp e ibertenis.
- As inscricións nas probas da segunda semana (xuvenís e veteranos) faranse como é habitual desde o portal de ibertenis.