Cinco xogadores do Real Club de Tenis Coruña desprazáronse do 27 ao 30 de setembro á Escola de Juan Carlos Ferrero (Villena-Alacante) para disputar o Master Warriors 2023, un privilexio ao alcance de moi poucos onde só o oito mellores do circuíto de cada categoría poden participar nesta proba.
Atrás quedaron Madrid, Alacante, Sevilla, Zaragoza, Xixón, A Coruña, Tarragona, algunhas das cidades onde os nosos mozos deportistas han loitado para poder estar no peche do que probablemente sexa un dos mellores circuítos xuvenís a nivel nacional.
Nesta ocasión, o RCTC estivo representado por Nicolás Bellas, Yeray Quián, Blanca Trillo, Clara Arambillet e Noa Pena que, grazas á súa constancia e esforzo, conseguiron vivir unha experiencia inesquecible nunha das Escolas de tenis de maior prestixio do mundo, base de adestramento habitual do novo tenista Carlos Alcaraz.
Nicolás logrou alcanzar as semifinais (U-16), cedendo ante Pablo Pérez, o gañador do torneo, todo un éxito tendo en conta que aínda é xogador de primeiro ano.
O seu compañeiro, Yeray (U-16) non puido superar a fase de grupos, aínda que demostrou unha gran calidade tenística durante todas as probas disputadas. Tanto el como Nicolás conseguiron proclamarse subcampións en dobres, deixando patente unha vez máis que son unha das mellores parellas xuvenís do momento.
Blanca e Clara quedaron ás portas de entrar en semifinais (U-16) a pesar de ter grandes opcións de alzarse co campionato. Ambas, caeron derrotadas tamén na final de dobres, no “súper- tie”, disputando unha gran final.
Por último, Noa (u-14) non puido pasar da liga de grupos, aínda que deixou moi boas sensacións de face a futuros torneos.
Unha vez máis, o noso agradecemento ao director do circuíto, Héctor García Rosado, pola boa organización e a todas as sedes anfitrioas pola súa hospitalidade.
Crónica de Iago Fernández-Reija (Adestrador e Director de competición do RCTC)