O pasado domingo, 30 de outubro, finalizou o I Torneo ITF Senior Real Club de Tenis Coruña que supón a incursión do Club nos torneos internacionais para veteranos. Máis de 60 xogadores participaron nesta primeira edición que contou cunha ampla representación da comunidade tenística galega e con xogadores procedentes de cidades como Barcelona, Valladolid, Sevilla, Madrid, Xixón, e mesmo Luxemburgo.
De mércores a domingo celebráronse un total de 13 categorías entre individuais e dobres. Unha das categorías máis competidas foi a +30 na que levou o título Rodrigo Figueroa, ao vencer ao Bruno Otero. Tamén destacou a presenza de Miguel Casal, trece veces campión galego absoluto, que gañou a categoría +40.
Os xogadores do CT Xixón, Jesús Fernández e Rafael Oldeh repartíronse a categoría +70 como campión e subcampión respectivamente. En categoría +40 feminino, Marta Homedes, do Polo Barcelona, venceu á ferrolá María Sicre.
Xogadores do CT Coruña como Iñaki de Santiago, Eduardo Serrano, David Suárez, Paco Rodríguez, Hugo Fdez-Ore, Fernando Mariño, Marcelino Villar, Pedro Bescansa, entre outros, levaron trofeo nas súas categorías.
Tras as finais tivo lugar a entrega de premios no salón social do noso Club. Todos os campións gozarán dun fin de semana no Balneario de Mondariz, e os subcampións conseguiron xunto ao seu trofeo un agasallo de Mar de Frades. Bon Jamón, empresa salmantina de embutidos ibéricos, encargouse das degustacións durante o evento, e o Ibis Style de Coruña foi o hotel oficial.
Os torneos ITF (International Tennis Federation) forman un Circuíto Mundial dirixido a xogadores veteranos a partir de 30 anos até 85 anos, que persegue ofrecer aos xogadores veteranos amateurs unha experiencia competitiva de calidade.
Probas individuais:
Campión +30 – Rodrigo Figueroa Vázquez (Club Fluvial de Lugo)
Finalista +30 – Bruno Otero Pérez (Real Club Tenis Coruña)
Campión +40 – Miguel Ángel Casal Arantes (Real Club Tenis Coruña)
Subcampión +40 – Hugo Fernández-Ore García (Real Club Tenis Coruña)
Campioa +40 – Marta Homedes Carballo (RC Polo Barcelona)
Finalista +40 – Ángeles Sicre Romeu (Casino Ferrolán)
Campión +45 – Inaki De Santiago Marín (Real Club Tenis Coruña)
Finalista +45 – Eduardo Serrano Narvaez (Real Club Tenis Coruña)
Campión +50 – David Suárez Fábregas (Real Club Tenis Coruña)
Finalista +50 – Javier Iglesias Varela (Club W)
Campión +55 – Francisco Javier Rodríguez Menéndez (Real Club Tenis Coruña)
Finalista +55 – Gonzalo Pérez ( CT Avilés)
Campión +60 – Fernando Mariño Aragunde (Real Club Tenis Coruña)
Finalista +60 – Marcelino Villar Gantes (Real Club Tenis Coruña)
Campión +65 – José Deus Brage (Club Tenis Redes)
Finalista +65 – José Luis Padín Núñez (CCD Sanxenxo)
Campión +70 – Rafael Francisco Oldeh (CT Xixón)
Finalista +70 – Jesús Fernández Castanon (CT Xixón)
Probas de Dobres:
Campión/ona Dobres Mixto +45 – Ángeles Sicre Romeu (Casino Ferrolán) / Fernando Mariño Aragunde (Real Club Tenis Coruña)
Finalistas Dobres Mixtos +45 – Marta Homedes Carballo / José Quintela Sánchez (Club Tenis A Pedralba)
Campións Dobres +50 – José Luis Criado Torres (CT Salamanca) / Jose Martin Villaverde
Finalistas Dobres +50 – Fernando Mariño Aragunde (Real Club Tenis Coruña) / Marcelino Villar Gantes (Real Club Tenis Coruña)
Campións Dobres +60 – Pedro Bescansa Gándara (Real Club Tenis Coruña) /Andrés Gómez Galkina (Real Club Tenis Coruña)
Finalistas Dobres +60 – Alberto Casasola Romeu (Real Club Tenis Coruña) / Manuel Taboada Soto (Real Club Tenis Coruña)