Con motivo de Halloween , o Club organizou este fin de semana de ponte dous eventos moi especiais para que os seus socios/as puidesen gozar da festa máis arrepiante do ano.
O primeiro deles tivo lugar o domingo pola tarde e convocou a numerosos nenos e nenas que compartiron as súas receitas máis terroríficas nunha merenda infantil organizada con axuda dos pais. Bruxas, bonecos diabólicos, esqueletos, vampiros, e unha infinidade de personaxes foron algúns dos disfraces que encheron de “terror” a sede do noso salón social.
A animación da festa estivo a cargo de Sabela e Marta, monitoras e socias do Club, que foron as encargadas de organizar varios xogos e actividades para os máis “peques da casa” nunha tarde que resultou en grao sumo divertida.
Ao día seguinte, luns, os adultos deron renda solta á súa imaxinación nunha cea de disfraces que ofreceu o restaurante do Club. Os asistentes pasáronllo “de medo” nunha noite moi animada na que tampouco faltaron a música, o baile ou as “pócimas máxicas”. Os socios máis atrevidos tamén tiveron a oportunidade de inmortalizar o tenebroso encontro nun ”photocall” especialmente decorado para a ocasión.