Este fin de semana celebráronse nas pistas do Círculo Cultural e Industrial de Vigo o Máster Galego Absoluto e o Máster do Galicia Head Tour.
As mellores raquetas galegas de todas as categorías congregáronse na cidade olívica para celebrar este máster, con cadros de 16 en categoría absoluta e cos 8 xogadores e xogadoras que conseguiron máis puntos Head ao longo do Circuíto Galicia Head Tour.
Varios alumnos e alumnas da nosa Escola disputaron as probas con gran éxito de participación.
En categoría absoluta David Cao proclamouse campión, pechando un ano brillante ao conseguir o campionato galego absoluto e o master galego.
No absoluto feminino Clara Arambillet alzábase co título despois de vencer á súa compañeira e amiga Blanca Trillo, quen á súa vez lograba meterse no peto o campionato junior.
Nas categorías xuvenís destacar a vitoria de Yeray Quián que, sendo cadete de primeiro ano, conseguía o título en junior. Pola súa banda, Miguel del Castillo lograba o subcampionato na categoría cadete, demostrando o bo nivel competitivo adquirido nestes últimos meses.
Por último, Ana Vitoria Mella e Pablo Somoza alcanzaban a final en categoría alevín, realizando ambos unha gran tempada, así como Diego Becerra que se proclamaba subcampión benxamín de terceira categoría.
A tempada finalizará este fin de semana, coas probas nas que se poderán en xogo os títulos cadete por equipos e nas que participará tamén o noso Club.
Iago Reija, adestrador e responsable de competición do RCTC.
A Escola de Tenis do RCTC conta coa colaboración de British International School.